Victoria Kamāmalu
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Victoria Kamamalu")
| Victoria Kamāmalu | |
|---|---|
| Princesa de Hawai Kuhina Nui de Hawai |
|
Victoria Kamāmalu de Hawai |
|
| Reinado | 16 de xaneiro de 1855 - 21 de decembro de 1863 (8 anos) |
| Nome completo | Wikolia Kamehamalu Keawenui Kaʻahumanu-a-Kekūanaō‘a, Victoria Kamāmalu Kaʻahumanu IV |
| Nacemento | 1 de novembro de 1838 Honolulu, Oahu, |
| Falecemento | 29 de maio de 1866 (27 anos) Papakanene, Honolulu, Oahu, |
| Sepultura | Mausoleo Real de Hawai |
| Predecesor | Keoni Ana |
| Sucesor | Kekūanāoʻa |
| Dinastía | Dinastía Kamehameha |
| Pai | Kekūanāoʻa |
| Nai | Kīnaʻu |
|
|
|
Victoria Kamāmalu Kaʻahumanu IV, nada o 1 de novembro de 1838 e finada o 29 de maio de 1866, foi Kuhina Nui de Hawai, consideración equivalente a un primeiro ministro, e princesa herdeira.
Traxectoria [editar]
Filla única da princesa Kīnaʻu e do seu terceiro marido, o príncipe Kekūanāoʻa. Os seus dous irmáns foron reis de Hawai cos nomes de Kamehameha IV e Kamehameha V. Kamamalu foi nomeada herdeira ó título de Kuhina-Nui en 1850 e tivo o cargo entre o 16 de xaneiro de 1855 ata 1863, utilizando ás veces o nome de Kaahumanu IV, foi nomeada sucesora ó trono polo rei Kamehameha V en 1863.
Foi unha grande afeccionada á música, foi directora do coro da igrexa de Kawaiahao.