Victoria Hall de Xenebra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Victoria Hall

O Victoria Hall é unha sala de concertos situada no centro de Xenebra, Suíza. Foi construída entre 1891 e 1894 polo arquitecto Juan Camoletti e financiada polo cónsul de Inglaterra, Daniel Fitzgerald Packenham Barton, que dedicou a Raíña Vitoria e deu á cidade de Xenebra. Actualmente, a Victoria Hall é usada principalmente para espectáculos de música clásica[1].

Notas[editar | editar a fonte]

Coordenadas: 46°12′05″N 6°08′28″E / 46.2014°N 6.1411°E / 46.2014; 6.1411