Verbo irregular

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os verbos irregulares son aqueles que presentan variacións no tema de perfecto e ou no tema de presente que implican que non encaixen no paradigma regular.

Tema de perfecto irregular[editar | editar a fonte]

Hai un grupo de 18 verbos que teñen un tema específico para a conxugación do pretérito de indicativo, antepretérito, pretérito de subxuntivo e futuro de subxuntivo.

As diferencias entre as raíces do tema de perfecto e as do tema de presente nos verbos irregulares poden reducirse a uns poucos tipos:

  • Altemancia entre unha vogal aberta ou media e un ditongo: /a/ - /owl (haber / houbo, saber / soubo, caber / coubo), /o/ - /uj/ (poder / puido). Esta alternancia tamén se encontra en traer: traer / trouxo.
  • Alternancia da consoante final da raíz. Os verbos dicir, querer, facer mudan a consoante, e ademais os dous últimos cambian a vogal do radical en /i/: dicir / dixo, querer / quixo, facer / fixo.
  • Ampliación da raíz con /ib/, que afecta a estar e ter: estar / estivo, ter / tivo.
  • Os verbos poñer (ou pór) e vir teñen un comportamento particular, e a pesar de que no tema de presente sigan un patrón de variación semellante, no tema de perfecto seguen camiños diverxentes. Vir ten unha raíz rematada en nasal (/biN/ na p1 do Perf., e /biñ-/ no resto das fornas), excepto na p3 do Perf., que ten raíz /bE/: vin, viñ-eches, ve-u, viñ-emos, viñ-estes, viñ-eron; viñ-era... viñ-ese...

En cambio, poñer cambia a vogal radical e maila consoante final da raíz: pux-en, pux-eches, pux-o, pux-emos, pux-estes, pux-eron; pux-era.. pux-ese...

  • Ser e ir teñen unha raíz común para o tema de perfecto, distinta das que presentaban no tema de presente: /fu/ para as Pl e P2 do Perf. e /fo/ para tódalas outras formas: fu-n, fu-ches, fo-i, fo-mos, fo-stes, fo-ron, fo-ra, fo-se.

Hai que destacar que nos verbos que teñen un tema de perfecto diferente do tema de presente non se produce sincretismo entre o futuro de subxuntivo (der, deres,...) e o infinitivo conxugado (dar, dares,...)

A raíz no tema de presente[editar | editar a fonte]

No tema de presente poden presentar ata tres radicais distintos:

  • R1 ou radical da P1 (primeira persoa) do presente de indicativo e de todo o presente de subxuntivo (digo, diga, digamos).
  • R2 ou radical rizotónico da P2 (segunda persoa), P3 (terceira persoa), P6 (sexta persoa ou terceira persoa de plural) do presente de indicativoe da P2 do imperativo. (dis, di, din, di).
  • R3 ou radical arrizotónico da P4, P5 do presente de indicativo, P5 do imperativo e demais formas do tema de presente. O futuro de indicativo e condicional acostuman presenta-la R3.


Raíces dos verbos irregulares.jpg