Variante (bioloxía)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

En microbioloxía e viroloxía, o termo variante ou "variante xenética" utilízase par describir un subtipo dun microorganismo que é xeneticamente distinto da cepa principal, pero non o suficiente como para ser considerada unha cepa diferente. Definicións similares aplícanse en botánica para distinguir entre diferentes variedades cultivadas dunha especie de planta, que neste caso se denominan cultivares.

Díxose en 2013 que "non hai unha definición universalmente aceptada dos termos 'cepa', 'variante' e 'illamento' na comunidade da viroloxía, e a maioría dos virólogos simplemente copian o uso dos termos dos outros".[1] A falta dunha definición precisa continuaba en 2020; por exemplo, no contexto da versión denominada 21FEB-02 (antes chamada VOC-202012/01) do virus SARS-CoV-2, causante da COVID-19, na páxina web dos Centros para o Control e Prevención de Enfermidades (CDC) dos Estados Unidos afirmábase o seguinte: "A prensa a miúdo utiliza os termos "variante", "cepa", "liñaxe" e "mutante" intercambiablemente. Polo momento no contexto desta variante, os tres primeiros destes termos ["variante", "cepa" e "liñaxe"] son xeralmente usados como intercambiables pola comunidade científica tamén".[2]

Un exemplo de variantes é o das que xurdiron por mutación no virus SARS-CoV-2 ao longo da pandemia iniciada en 2019. Estas variantes, aínda que en xeral non teñen diferenzas xeneticas moi grandes, presentan distintas propiedades, como unha maior facilidade de transmisión ou reinfección, orixinan síntomas máis graves ou reducen a efectividade das vacinas. Entre as moitas variantes atopadas por secuenciación de mostras tomadas dos pacientes, salientan as chamadas "variantes preocupantes" (variants of concern, VOC), das cales en 2021 se atoparan as seguintes: alfa (liñaxe B.1.1.7, aparecida en Gran Bretaña), beta (liñaxe B.1.351, aparecida en Suráfrica), gamma (liñaxe P.1, aparecida no Brasil), delta (liñaxe B.1.617.2, aparecida na India).[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Kuhn, Jens H.; Bao, Yiming; Bavari, Sina; Becker, Stephan; Bradfute, Steven; Brister, J. Rodney; Bukreyev, Alexander A.; Chandran, Kartik; Davey, Robert A.; Dolnik, Olga; Dye, John M.; Enterlein, Sven; Hensley, Lisa E.; Honko, Anna N.; Jahrling, Peter B.; Johnson, Karl M.; Kobinger, Gary; Leroy, Eric M.; Lever, Mark S.; Mühlberger, Elke; Netesov, Sergey V.; Olinger, Gene G.; Palacios, Gustavo; Patterson, Jean L.; Paweska, Janusz T.; Pitt, Louise; Radoshitzky, Sheli R.; Saphire, Erica Ollmann; Smither, Sophie J.; Swanepoel, Robert; Towner, Jonathan S.; van der Groen, Guido; Volchkov, Viktor E.; Wahl-Jensen, Victoria; Warren, Travis K.; Weidmann, Manfred; Nichol, Stuart T. (2012). "Virus nomenclature below the species level: a standardized nomenclature for natural variants of viruses assigned to the family Filoviridae". Archives of Virology 158 (1): 301–311. ISSN 0304-8608. PMC 3535543. PMID 23001720. doi:10.1007/s00705-012-1454-0. 
  2. "Implications of the Emerging SARS-CoV-2 Variant VOC 202012/01". US Centers for Disease Control and Prevention (CDC). 29 December 2020. Arquivado dende o orixinal o 22 de xaneiro de 2021. The press often uses the terms “variant,” “strain,” “lineage,” and “mutant” interchangeably. For the time being in the context of this variant, the first three of these terms are generally being used interchangeably by the scientific community as well. 
  3. "Tracking SARS-CoV-2 variants". who.int. World Health Organization. Actualizada frecuentemente.

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.