Vanadinita
| Vanadinita | |
|---|---|
| Vanadinita en Mibladen (Marrocos) | |
| Fórmula química: | Pb5(VO4)3Cl |
| Clase: | Vanadatos |
| Subclase: | |
| Sistema cristalino: | Hexagonal |
| Cor: | Amarela, alaranxada, vermella e marrón |
| Brillo: | De adamantino a vítreo |
| Dureza: | 3-4 |
| Fractura: | Concoidea a desigual |
| Exfoliación: | Perfecta |
| Raia: | Branca, tirando a amarela |
| Densidade: | 6,9-7,1 g/cm3 |
A vanadinita é un mineral de fórmula química Pb5(VO4)3Cl, clorovanadato de chumbo (79% de PbO e 19% de V2O5).
Índice |
Aspecto [editar]
Na súa forma cristalina, a vanadinita preséntase en cristais prismáticos hexagonais ou aciculares. Tamén é frecuente que o faga en forma de agregados amorfos ou de forma esférica. A súa cor máis característica é a vermella.
Lugares onde se atopa [editar]
É frecuente que a vanadinita apareza en zonas de oxidación asociada a minerais como a calcita.
Usos da vanadinita [editar]
Utilízase a vanadinita coma fonte de vanadio (tamén coma fonte secundaria de chumbo). O vanadio a súa vez, emprégase para o endurecemento do aceiro e a fabricación de bronce vanádico.
Outros vanadatos [editar]
Os vanadatos non son compostos moi numerosos na natureza polo que existen poucos minerais pertencentes a este grupo. Outro vanadato coñecido é a carnotita (vanadato de potasio e uranio).