Victor de Aveyron

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Víctor de Aveyron")
Víctor de Aveyron

Víctor foi o nome dado polo titor oficial a un neno salvaxe atopado na rexión francesa de Aveyron nos derradeiros anos do século XVIII.

En setembro de 1799 tres cazadores atoparon nos bosques de Caune (Francia) un neno espido duns once anos ao que colleron e que parecía vivira en estado salvaxe toda a súa vida.

A nova percorreu rapidamente a Francia posrevolucionaria facendo que un ministro do goberno ordenase o traslado do rapaz a París coa esperanza de que o seu estudo ampliase os coñecementos da mente humana. Jean Itard foi o médico que se dedicou á educación do rapaz.