Uxmal
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Uxmal era unha antiga cidade maia localizada a 78 Km ao sur de Mérida, capital do estado do Iucatán en México. Sobresae pola súa monumentalidade, sendo a segunda máis visitada do estado, despois de Chichén Itzá.
O nome Uxmal ao parecer é o topónimo do maia iucateco ox, que quere dicir tres e mal, facendo referencia a un labor que se repite. Por iso, o significado de Uxmal podería ser "3 veces construída ou ocupada"
Na zona sobresaen:
- As estruturas do pazo do gobernador.
- A pirámide do adiviño (con case 40 metros de altura).
- O cuadrilátero das monxas.
- O pombal.
- O xogo da pelota.
A ocupación de Uxmal prodúcese no 800 a.C., segundo fragmentos de cerámica atopados na zona, até o ano 1200 cando se produciu unha repentina caída do desenvolvemento económico rexional que desembocou no abandono da cidade.