Unseen University

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Unseen University (Universidade Invisible) (UI) é unha institución ficticia creada polo escritor británico Terry Pratchett para o seu Mundodisco. A Universidade Invisible é o centro de estudio de maxia máis grande do Discworld. A súa sede principal está na cidade de Ankh-Morpork, aínda que hai outras sedes en lugares tan lonxanos como XXXX.

O lema da institución, que aparece no escudo da UI, é "Nunc id Vides, Nunc ne Vides" ("agora vela, agora non a ves").

A universidade ten no seu centro a Torre da Arte, arredor da cal creceu. Debido ós altos niveis de maxia residual na vecindade, un plano da UI parécese vagamente a un crisantemo explotando e só é válido durante un día, aínda que se considera normalmente que o interior da UI é máis grande do que os muros exteriores poderían conter en circunstancias normais.