Universidade de Michigan
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Universidade de Michigan (UM) é unha universidade pública estadounidense que está situada no estado de Michigan, cuxo campus principal se atopa en Ann Arbor e ten outros campus menores en Flint e Dearborn. É unha das universidades públicas de maior prestixio en Estados Unidos.