Unión Militar Republicana Antifascista

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "UMRA")


A Unión Militar Republicana Antifascista (UMRA) foi unha asociación española clandestina militar de esquerda surxida a partir da Unión Militar Antifascista a finais de 1935, que concentraba a militares de esquerda, sobre todo socialistas. A súa alma foi o capitán Díaz Ternero, que habería de morrer anos máis tarde no campo de concentración de Mauthausen.