Tyana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Tyana ou Tiana foi unha cidade de Capadocia que recibiu o nome dun rei de Tracia chamado Toas. Estaba ao pé dos montes Tauro, preto das portas Cilicias e á beira dun río afluente do Lamos. Foi capital do distrito da Tyanitis.

No reinado de Caracalla converteuse en colonia romana. Foi parte despois do imperio de Palmira e reconquistada por Aureliano o 272. Valente fíxoa capital da provincia de Cappadocia secunda.

Tiña nas inmediacións un templo de Zeus ao bordo dun lago nunha chaira pantanosa. A auga do lago era fría, pero tiña unha fonte quente.

Aquí naceu o famoso impostor Apolonio.

Supúxose que era a moderna Kara Izar, pero despois confirmouse que estaba máis ao sur, no lugar hoxe chamado Kiz Izar ao suroeste de Nigde e a medio camiño desta cidade e Erekli. Consérvanse algún restos da antiga cidade.