Tsuneko Okazaki

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaTsuneko Okazaki

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(ja) 岡崎恒子 Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento7 de xuño de 1933 Editar o valor em Wikidata (90 anos)
Nagoia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeXapón Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Nagoya (pt) Traducir
Aichi Prefectural Asahigaoka Senior High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoBioloxía molecular Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónbióloga , bióloga molecular , xenetista , profesora universitaria Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Nagoya (pt) Traducir
Fujita Health University (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Tsuneko Okazaki, nada o 7 de xuño de 1933, é unha científica xaponesa, bióloga molecular, coñecida por descubrir e investigar en 1968, xunto co seu home Reiji Okazaki (1930-1975), uns fragmentos característicos de ADN que recibiron o nome de fragmentos de Okazaki en memoria dos descubridores.

Trátase de cadeas curtas de nucleótidos que se forman durante a duplicación do ADN na chamada "duplicación descontinua".

Biografía[editar | editar a fonte]

Graduouse na Universidade de Nagoia (Xapón en 1956 e foi a primeira muller profesora nesta universidade, para pasar despois a exercer de profesora no Instituto Médico da Universidade Fujita.

No ano 2000 recibiu o Premio L'Oréal-UNESCO a Mulleres en Ciencia, premio que se concede anualmente a cinco científicas distinguidas, unha por cada continente.

En 2015, a Universidade de Nagoia creou o Premio Tsuneko e Reiji Okazaki en honor ó legado do matrimonio.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]