Tribo dos Shabazz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A tribo dos Shabazz é unha tribo africana negra de carácter lendario. A súa historia sería transmitida a través dos escravos levados a Norteamérica, aínda que só aparece mencionada en relación coa organización Nación do Islam e o seu líder Elijah Muhammad, polo que non debe descartarse que fose unha invención del ou dalgún dos seus seguidores. Malcom X adoptou o nome Shabazz como apelido en honor a esta tribo.

Segundo as lendas os Shabazz eran unha civilización tecnoloxicamente avanzada e organizada socialmente baixo o mandato de reis e raíñas que tivo o seu apoxeo 4000 anos antes do nacemento de Cristo. Un membro da tribo, un científico maligno chamado Yakub sería o creador da raza branca.