Trabant

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Trabant é un automóbil de baixo custo producido polo fabricante VEB Sachsenring Automobilwerke Zwickau, Saxonia. Foi, no seu tempo, o vehículo máis común na República Democrática Alemá, sendo tamén exportado a outros países, mesmo fóra do bloque comunista.

A súa carrocería era de fenoplast (resina fenólica) e o seu motor, de dous cilindros a dous tempos. Contaba con espazo para catro adultos e equipaxe, era compacto, lixeiro e duradeiro.

Dos poucos modelos de automóbiles aos que os alemáns do leste tiñan acceso, o Trabant era o máis barato (uns 10.000 marcos orientais). Para adquirir legalmente un Trabant había que apuntarse nunha lista e esperar até 10 anos, senón, acudir ao mercado negro.

O nome Trabant significa en alemán "satélite"; popularmente chamábaselle Trabbi.

Deixou de fabricarse en 1991, despois de que a súa produción se volvese insostible e dependese de subsidios do goberno alemán.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Trabant

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]