Traballo cooperativo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O traballo cooperativo é o traballo realizado en colaboración entre diferentes traballadores nunha cooperativa.

Historicamente o traballo cooperativo desenvolveuse en diferentes sectores, como a gandería, agricultura, pesca, industria ou servizos. Na actualidade, mercé ás novas tecnoloxías, os diferentes traballadores poden estar afastados fisicamente uns dos outros.