Tríbraco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un tríbraco (do grego τρίβραχος "tres breves") é, en métrica grecolatina, un pé formado por tres sílabas breves: ∪ ∪ ∪.

A súa duración é de tres moras, como o iambo e o troqueo. Por iso pode substituír o iambo no trímetro iámbico.