Torre do Mouro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Torre do Mouro
ConcelloPantón
ProvinciaLugo
Comunidade
autónoma
Galicia
Coordenadas42°30′47″N 7°37′14″O / 42.513027777778, -7.6206388888889Coordenadas: 42°30′47″N 7°37′14″O / 42.513027777778, -7.6206388888889
Estilo arquitectónico
Estilo orixinal(século XVIII)
Estilo actual(século XVIII)
Estado actualNon Visitable
Véxase tamén
Castelos de Galicia
editar datos en Wikidata ]

A Torre do Mouro é unha casa forte situada no lugar do Mouro na parroquia de Santa María de Ferreira de Pantón, no concello homónimo de Pantón.

Descrición[editar | editar a fonte]

A edificación consta de dúas partes: unha cadrada e outra máis longa, axeitadamente unidas entre si, formando un todo. A parte cadrada que corresponde á torre ten tres andares; na primeira, e polo sur aparece unha fiestra con derrrame exterior; na segunda, ábrese unha ventá das chamadas de balcón, con montante e tornachuvias. Polo solpor conta cunha fiestra tamén balconada con montante protexido por un arco de descarga; a nivel do último andar vese unha imposta corrida e unha serie de sinxelos modillóns. A parte rectangular, de dous andares, con fiestras balconadas o de arriba e cadradas fiestras o de abaixo. Pegada ao alzado sur sobe unha escaleira de dobre dirección e varanda de ferro, que leva á solaina que, a xeito de balcón voado, corre polo nacente á altura do andar principal. As paredes, de pedra corrente, agás as esquinas e os marcos dos vans que son de perpiaño. Á casa súmanselle, arrimadas, varias construcións, un curral, un alpendre, varias cortes e un forno do pan nun alpendre. Do curral, murado, sáese por un portón alintelado a unha verea que leva ao camiño público[1]. Ademais consta de dúas entradas secundarias, unha do ancho para un carro de bois do país e outra só para o acceso de persoas.

Historia[editar | editar a fonte]

A principios do século XIX vivía na Torre do Mouro Xosé Xoán López, casado con Luísa García, descendentes de fidalgos. Fillo seu foi don Xosé López que contraeu matrimonio con María Gayoso Broza, filla natural de Bernardino Gayoso, da casa do Castro de Ferreira, e de Vicenta Pérez Broza.

Os devanditos Xosé López e María Gayoso tiveron por fillos, entre outros, a Xosé María, nado o 8 de decembro de 1831, e a Ramón, bautizado o 30 de outubro de 1827.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Rielo Carballo, Isaac (2016). Pantón, historia e fidalguía. Concello de Pantón. ISBN 978-84-617-4939-3.