Topo Soft

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Topo Soft
Logo
Tipodesenvolvedora de videoxogos e distribuidora de videoxogos
Fundador(es)Paco Pastor e Javier Cano
PaísEspaña
editar datos en Wikidata ]

Topo Soft foi unha compañía de deseño de software español.

Historia[editar | editar a fonte]

As súas orixes remontánse a 1985 cando Javier Cano e Emilio Martínez Tejedor realizaron de xeito afeccionado o xogo Mapgame, un programa educativo onde debiamos responder a preguntas de xeografía espoñola, deciden vendelo no rastro madrileño e tras contactar con directivos de Erbe Software publican o programa nesa compañía nese ano de 1985 que polo éxito do programa decide crear o seu propio selo de deseño de programas que denominan Topo Soft e á fronte poñen ós creadores de Mapgame.

O primeiro programa que saíu foi Las Tres Luces de Glaurung (denominado Conquestador no Reino Unido) (1986) ó que seguiu, con menos éxito Spirits para o ZX Spectrum, Amstrad CPC e MSX. A estes seguíronlle Desperado (baseado en Gun Smoke), Survivor e Stardust. Aínda que Topo Soft deseñou sobre todo videoxogos tamén realizou unha única utilidade Transfer + 3 para o Spectrum Plus 3 que permitía pasar programas de cinta a disco.

En 1988 coa chegada á dirección da compañía de Gabriel Nieto produciuse unha renovación da liña que seguía a compañía e prodúcense xogos de grande éxito como Black Beard, Silent Shadow, Mad Mix Game e o seu maior éxito Emilio Butragueño, que só en España vendeu 100.000 cintas.

Tras a chegada dos ordenadores de 16 bits Topo seguiu realizando programas para eles durante un certo tempo (como Luigi & Spaghetti) pero non consegue facerse cun mercado significativo e o aumento dos custos de produción para ser competitivos coas novas máquinas acaba facendo que desapareza en 1994, algúns dos seus antigos empregados fundaron Pyros Studios en 1996 deseñadores de Commandos (1998)

Xogos[editar | editar a fonte]