Tirapedras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tirapedras

Un tirapedras é unha pequena arma portátil que se utiliza para lanzar proxectís, especificamente pedras. Chámase tirapedras porque iso é xustamente o que fai este arme é tirar pedras.

O tirapedras está formado por un marco xeralmente de madeira ou ferro en forma de Y que dispón de dúas ligas grosas de caucho atadas ás puntas superiores. As ligas sosteñen unha base de coiro, tea ou plástico, chamada badana, onde se sitúa o proxectil a tirar. O tirapedras utilízase suxeitándoo coa man non dominante (na maioría da xente, a esquerda) e estendendo o brazo. Entón, toma o proxectil a través da base colléndoo entre os dedos índice e polgar e estírase para situalo a unha altura próxima á meixela. Entón, apúntase e cando se solta sae o proxectil disparado cara ao obxectivo

O tirapedras utilízase suxeitándoo coa man non dominante (na maioría da xente, a esquerda) e estendendo o brazo. Entón, toma o proxectil a través da base colléndoo entre os dedos índice e polgar e estírase para situalo a unha altura próxima á meixela. Entón, apúntase e cando se solta sae o proxectil disparado cara ao obxectivo. Os tirapedras caseiros foron un xoguete tradicional para nenos durante boa parte do século XX, pois o utilizan para cazar paxaros e outras aves pequenas, para as cales é unha arma moi efectiva e mortal se se conta con boa puntaría. Xeralmente considérallo unha arma que non é capaz de inflixir dano grave noutras persoas. Non obstante é posible fabricar tirapedras máis potentes e que poden causar danos importantes.

Como as ligas pouco a pouco se gastan e chéganse a romper co uso, é recomendable ter sempre como accesorios para o tirapedras un bo lote de ligas de reposto e unha madeixa de pabío para atalas e fixalas ao marco.