Tim Caroutas
Tim Caroutas | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Thymos Nikitas Caroutas McDiarmid | ||
Nacemento | 2 de xaneiro de 2003 | ||
Lugar de nacemento | Illawarra | ||
Altura | 1,83 m. | ||
Posición | Extremo | ||
Información de club | |||
Club actual | Fabril | ||
Carreira xuvenil | |||
2018–2022 | Cornellà | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2020–2021 | Cornellà | 0 | (0) |
2022– | Fabril | 14 | (1) |
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 29 de decembro de 2023. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Thymos Nikitas Caroutas McDiarmid, coñecido como Tim Caroutas, nado en Illawarra, Nova Gales do Sur, Australia, o 2 de xaneiro de 2003, é un futbolista australiano que xoga como centrocampista no Fabril, da Segunda división RFEF.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
De ascendencia grega,[1] naceu en Australia, onde comezou a xogar ao fútbol ata que aos 15 anos se trasladou a Cataluña, onde entrou na canteira do Cornellà. Pasou polo equipo cadete e o xuvenil, e o 16 de decembro de 2020, con 17 anos, debutou co primeiro equipo na Copa do Rei, nun partido ante o Marino.[2]
En xullo de 2022 mudouse a Galicia, onde fichou polo Fabril, da Terceira División RFEF.[1] Xusto despois da súa chegada incorporouse ao primeiro equipo do Deportivo da Coruña, adestrado por Borja Jiménez, para realizar a pretempada, e debutou con este nun partido amigable contra o Racing Vilalbés na Magdalena, converténdose no primeiro futbolista australiano e oceánico en vestir a camiseta do club nos seus 116 anos de historia.[3] Marcou o seu primeiro gol co Deportivo no seguinte partido amigable, tamén na Magdalena, na goleada por 7-1 sobre a Ponferradina, equipo da Segunda División.[4]
Palmarés[editar | editar a fonte]
- Fabril
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 "El Fabril ficha a Tim Caroutas y libera a Runy, que se marcha al Villanovense". La Opinión A Coruña (en castelán). 25 de xullo de 2022. Consultado o 5 de agosto de 2022.
- ↑ "17 de dec. de 2020" (en castelán). 17 de decembro de 2020. Consultado o 5 de agosto de 2022.
- ↑ "O Dépor impón a súa lei na segunda metade do clásico do verán branquiazul". 30 de xullo de 2022. Consultado o 5 de agosto de 2022.
- ↑ "O Dépor mostra unha gran cara ante a Ponferradina (7-1)". 3 de agosto de 2022. Consultado o 5 de agosto de 2022.