Illa Tikei
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Tikei")
| Tikei | |
|---|---|
| Datos | |
| País | Francia |
| Illa principal | Tikei |
| Linguas | |
| Poboación (2009) | Deshabitado |
| Superficie | 4 km² |
| Superficie lagoa | 0 km² |
| Nº de illas | 1 |
| Coordenadas | 14°57′S 144°33′W / 14.950°S 144.550°W |
| Maior Altura | |
| Localización | |
Tikei é unha illa das Tuamotu, na Polinesia francesa. Administrativamente depende da comuna de Takaroa. Forma parte do grupo de illas do Rei Xurxo. Está situada ao norte do arquipélago, a 67 km ao sueste de Takaroa.
Xeografía[editar]
A illa é un antigo atol coa antiga lagoa interior case seca e chea de vexetación. Está deshabitada, e sen infraestruturas. É visitada periodicamente polos habitantes dos atois veciños que veñen pescar ou a buscar cangrexos de coco.
Historia[editar]
Foi descuberta polo neerlandés Jacob Roggeveen, o 18 de maio de 1722, chamándoa Carlshoff. En 1816 foi redescuberta polo ruso Otto von Kotzebue, que a chamou Romanzoff, nome do patrocinador da expedición.