Tiantuo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Tiantuo é unha serie de pequenos satélites experimentais da República Popular da China.[1]

Características[editar | editar a fonte]

Os satélites Tiantuo son satélites experimentais con cargas diversas, desde observación da Terra a probas de novas tecnoloxías no espazo. Todos foron construídos pola Universidade Nacional de Tecnoloxías de Defensa.[1]

Tiantuo 1[editar | editar a fonte]

Tiantuo 1 foi lanzado o 10 de maio de 2012 a bordo dun foguetes CZ-4B a unha órbita de 468 x 471 km. Tiña unha masa de 9 kg e forma de caixa cunhas dimensións de 425 x 410 x 80 mm. A bordo leva experimentos para a obtención de imaxes, a detección de osíxeno atómico en órbita e un receptor do sistema marítimo AIS.[2]

Tiantuo 2[editar | editar a fonte]

Tiantuo 2 tiña unha masa de 67 kg. Leva a bordo catro videocámaras para retransmitir en directo e seguir obxectivos en tempo real. Foi lanzado o 8 de setembro de 2014 mediante un foguete CZ-4B.[3]

Tiantuo 3 (Luliang 1)[editar | editar a fonte]

Tiantuo 3, tamén coñecido como Luliang 1, leva varios experimentos tecnolóxicos a bordo, entre eles receptores dos sistemas AIS e ADS-B e un monitorizador de lume. Foi lanzado o 19 de setembro de 2015 no voo inaugural do foguete CZ-6.[4]

Tiantuo 5[editar | editar a fonte]

Tiantuo 5 foi lanzado o 23 de agosto de 2020 a bordo dun foguete CZ-2D. Foi lanzado para probar tecnoloxías relacioandas coa recollida de datos de buques e aeronaves.[5]

Historial de lanzamentos[editar | editar a fonte]

Misión[1][2][3][4][5] Data de lanzamento[1][2][3][4][5] Foguete lanzador[1][2][3][4][5] Notas[1][2][3][4]
Tiantuo 1 10 de maio de 2012 CZ-4B Éxito
Tiantuo 2 8 de setembro de 2014 CZ-4B Éxito
Tiantuo 3 19 de setembro de 2015 CZ-6 Éxito
Tiantuo 5 23 de agosto de 2020 CZ-2D Éxito

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Mark Wade (2022). "Tiantuo" (en inglés). Consultado o 12 de febreiro de 2022. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "TT 1" (en inglés). Consultado o 12 de febreiro de 2022. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "TT 2" (en inglés). Consultado o 12 de febreiro de 2022. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "TT 3" (en inglés). Consultado o 12 de febreiro de 2022. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "TT 5" (en inglés). Consultado o 12 de febreiro de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]