Thomas Eugene Kurtz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Thomas Eugene Kurtz, nado en 1928, é un científico da computación estadounidense. Foi o desenvolvedor da linguaxe de programación BASIC (o Dartmouth BASIC) en 1964 canda John George Kemeny. Foi Presidente e membro do consello de administración de EDUCOM, da mesma maneira que o foi en NERComP. Tamén foi membro do comité de dirección no proxecto 'CONDUIT' e na conferencia na instrución da informática.

En 1991, a sociedade de informática IEEE premiou a Kurtz co IEEE Computer Pioneer Award3 e en 1994 foi instalado como un compañeiro (Fellow) da Association for Computing Machinery.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]