Thisuri Wanniarachchi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaThisuri Wanniarachchi

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento25 de setembro de 1993 Editar o valor em Wikidata (30 anos)
Sri Lanka Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeSri Lanka Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Colombo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora Editar o valor em Wikidata

Páxina webthisuriwanniarachchi.com Editar o valor em Wikidata

Thisuri Wanniarachchi (cingalés: තිසුරි වන්නිආරච්චි), nada o 25 de setembro de 1993, é unha escritora srilankesa.[1] É coñecida polo seu libro Colombo Streets, que en 2009 recibiu o Premio Nacional de Literatura.[2][3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Filla da socióloga e escritora Malraji Wanniarachchi e do militar Sunil Wanniarachchi.[4] Medrou en Colombo durante a guerra civil srilankesa.[5] Fixo os estudos primarios e secundarios no convento de Santa Bríxida, e despois na Escola Británica de Colombo cunha bolsa.[6][7][8] Graduouse en Ciencias Políticas no Bennington College en Bennington (Vermont), e está a preparar o doutoramento en Política Pública na Universidade de Colombo.

Traballou como asistente da presidenta Maithripala Sirisena en desenvolvemento sostible[8], mais dimitiu do seu cargo logo do golpe de estado de outubro de 2018.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Colombo Streets (2009)[9][10]. A novela, escrita mentres estudaba nos Estados Unidos, fala da vida na infancia de persoas de diferentes clases sociais durante a guerra civil srilankesa[11]. Premio Nacional de Literatura[12]
  • The Terrorist's Daughter (2014)[13][14][15] Na novela a autora analiza e critica o espectro político do seu país despois da guerra civil.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Colombo Streets (interview)". Sunday Times. Consultado o 20 de novembro de 2014. 
  2. "Thisuri's dream award". Nation. Arquivado dende o orixinal o 05 de decembro de 2014. Consultado o 20 de novembro de 2014. 
  3. Hussain, Nabeela (8 de novembro de 2010). "A budding novelist". The Daily Mirror. Arquivado dende o orixinal o 29 de marzo de 2015. Consultado o 20 de novembro 2014. 
  4. "The Terrorist's Daughter". Daily Financial Times. Arquivado dende o orixinal o 27 de novembro de 2014. Consultado o 2014-11-20. 
  5. "Thisuri Wanniarachchi". Goodreads. Consultado o 30 de outubro de 2017. 
  6. "Thisuri Wanniarachchi". Thisuriwanniarachchi.com. 30 de novembro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 30 de outubro de 2017. Consultado o 30 de outubro de 2017. 
  7. Athukorala, Prabuddha. "Thisuri grabs top honours with the pen". Daily News. Consultado o 20 de novembro de 2014. 
  8. 8,0 8,1 "‘The Terrorist’s Daughter’ (recensión)". Daily FT. Arquivado dende o orixinal o 27 de novembro de 2014. Consultado o 20 de novembro de 2014. 
  9. "Colombo Streets". Goodreads. Consultado o 30 de outubro de 2017. 
  10. "Colombo Streets". Vijithayapa.lk. Arquivado dende o orixinal o 07 de novembro de 2017. Consultado o 30 de outubro de 2017. 
  11. "A powerful message of love, life and faith". Nation. Arquivado dende o orixinal o 05 de decembro de 2014. Consultado o 2014-11-20. 
  12. "Thisuri grabs top honours with the pen". Artscope. Consultado o 30 de outubro de 2017. 
  13. "The Terrorist's Daughter". Goodreads. Consultado o 30 de outubro de 2017. 
  14. "Terrorists Daughter". Vijithayapa.lk. Arquivado dende o orixinal o 07 de novembro de 2017. Consultado o 30 de outubro de 2017. 
  15. "In search of an identity". The Sunday Times Sri Lanka. Consultado o 30 de outubro de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]