This Year's Model

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
This Year's Model
Álbum de Elvis Costello and The Attractions
Edición: 17 de marzo de 1978
Datas de gravación: 1977 - 1978
Estudio(s) de gravación: Eden Studios, Londres
Duración: 35:44
Xénero: punk rock, new wave
Selo(s): Radar Records
Producido por: Nick Lowe
Cronoloxía
My Aim Is True This Year's Model Armed Forces

This Year's Model é o segundo álbum do músico Elvis Costello e o seu primeiro con The Attractions, publicado o 17 de marzo de 1978 a través do selo Radar Records. Foi ravado principalmente nos Eden Studios de Londres co produtor Nick Lowe.

Foi elixido o mellor álbum do ano na enquisa de críticos Pazz & Jop do xornal The Village Voice. No ano 2000 a revista Q situou a This Year's Model no número 82 da súa lista do "100 mellores álbums británicos de todos os tempos". En 1987 Rolling Stone colocouno no número 11 da súa lista dos mellores álbums do período 1967-1987. En 2003 o disco situouse no posto 98 na lista da Rolling Stone dos "500 mellores álbums de todos os tempos".

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

Todos os temas compostos por Elvis Costello.

Cara 1[editar | editar a fonte]

  1. "No Action" – 1:58
  2. "This Year's Girl" – 3:17
  3. "The Beat" – 3:45
  4. "Pump It Up" – 3:14
  5. "Little Triggers" – 2:40
  6. "You Belong to Me" – 2:22

Cara 2[editar | editar a fonte]

  1. "Hand in Hand" – 2:33
  2. "(I Don't Want to Go to) Chelsea" – 3:07
  3. "Lip Service" – 2:36
  4. "Living in Paradise" – 3:52
  5. "Lipstick Vogue" – 3:42
  6. "Night Rally" – 2:41