The Secret of Monkey Island
| The Secret of Monkey Island | |
|---|---|
| Distribuidora(s): | LucasArts |
| Deseñador(es): | Ron Gilbert |
| Compositor(es): | Barney Jones Michael Land Patric Mundy Andy Newell |
| Motor: | SCUMM |
| Data(s) de lanzamento: | 1990 |
| Serie: | Monkey Island |
| Xogo posterior: | Monkey Island 2: LeChuck's Revenge |
| Xénero(s): | Aventura gráfica |
| Modos de xogo: | Un xogador |
| Plataforma(s): | Amiga, Atari ST, DOS, FM Towns, Mac OS, Sega Mega-CD |
| Formato(s): | Disquete, CD-ROM |
| Controis: | Rato e teclado |
The Secret Of Monkey Island é unha aventura gráfica realizada por LucasFilm Games en 1990 onde se parodian historias de piratas, creando un mundo de humor que revolucionou o xénero. O seu éxito provocou que se realizasen tres secuelas máis. Monkey Island 2: LeChuck's Revenge, The Curse of Monkey Island e Escape from Monkey Island.
The secret of Monkey island foi o quinto xogo en usar a tecnoloxía SCUMM (tras Maniac Mansion, Zak McKracken, Indiana Jones and the Last Crusade: The Graphic Adventure e Loom), un potente (para a época) motor para aventuras gráficas, baseado nunha linguaxe script propio e desenvolvido para a primeira aventura: Maniac Mansion. Orixinalmente, consistía en catro disquetes de baixa densidade, con gráficos EGA (16 cores), pero subseguintes melloras no SCUMM deron lugar a versións con gráficos VGA (256 cores) e, finalmente, en CD-ROM con melloras de son.
Índice |
Argumento [editar]
No profundo do Caribe atópase Mêlée Island e un novo aventureiro, chamado Guybrush Threepwood, que vai facer todo para ser un pirata recoñecido. Non sabe que namorará da gobernadora da illa, Elaine Marley, e que lle traerá problemas, levándoo así a Monkey Island onde terá que lidar con perigos repentinos e cuns caníbales para logo atoparse co malvado pirata LeChuck e a súa fantasmal tripulación que ten secuestrada á Gobernadora...
Xogabilidade [editar]
LucasArts perfecciona neste xogo o sistema creado nos seus anteriores títulos Maniac Mansion ou Indiana Jones and the Last Crusade: The Graphic Adventure, o motor SCUMM que crea a esencia das aventuras gráficas point-and-click.
Impacto social [editar]
A saga de Monkey Island dispón de fans acérrimos, o cal levou a crear unha obra teatral ou grupos que reproducen a súa melodía nos seus concertos.
O creador desta saga, Ron Gilbert, levantou certa polémica ao asegurar que a película Piratas do Caribe: A Maldición da Perla Negra e as súas secuelas estaban máis que baseadas na trama e ambientación conseguida nos xogos da saga de Monkey Island.