The Mentalist

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
The Mentalist
Mentalist logo.png
Formato Drama policiaco
Creado por Bruno Heller
Dirixido por Chris Long
David Nutter
Intérpretes Simon Baker
Robin Tunney
Owain Yeoman
Tim Kang
Amanda Righetti
Rockmond Dunbar
Emily Swallow
Tema de apertura Believe: Theme from The Mentalist
Blake Neely
País de orixe Estados Unidos de América Estados Unidos
Número de episodios 132 (6 tempadas)
Produción
Duración 41 min/cap. aprox.
Emisión orixinal
Canle de orixe CBS
Emisión 23 de setembro de 2008

The Mentalist (O Mentalista en galego) é unha serie de televisión estadounidense, emitida orixinalmente pola canle CBS en setembro de 2008

Argumento[editar | editar a fonte]

Aviso: Esta sección pode revelar detalles da trama e/ou do argumento.

Patrick Jane, interpretado por Simon Baker, é un estafador que simula ser medium, ao que lle cambia a vida tras sair en televisión ridiculizando a un asasino en serie, Red Jonh (Jonh o vermello), quen en vinganza mata brutalmente á súa familia. Jane entra como asesor da CBI (California Bureau of Investigation) para axudar a capturar a este asasino, axudando á axente Teresa Lisbon (Robin Tunney) a resolver tódolos casos nos que participan. A partir da sexta tempada, despois de vingarse, comeza a colaborar co FBI na resolución de crimes.


Personaxes[editar | editar a fonte]

Simon Baker, que encarna a Patrick Jane.

Principais[editar | editar a fonte]

Personaxe Actor Descripción
Patrick Jane Simon Baker É o protagonista da serie, de familia de feirantes gáñase a vida durante case toda a súa vida coma timador, finxindo ser vidente e explotando as súas grandes dotes de observación. A súa vida cambia cando sae nun programa de televisión ridiculizando a un asasino en serie, Red Jonh, e este en vinganza asasina dunha maneira brutal á súa muller e á súa filla. Despois desto ingresa nun centro psiquiátrico e tras un tempo nesta institución colabora ca Brigada Criminal para capturar a Red Jonh, convertíndose nun elemento fundamental na resolución dos casos nos que participa como asesor da Brigada.
Teresa Lisbon Robin Tunney Xefa do equipo da Brigada Criminal de California (CBI, California Bureau of Investigation) co que colabora Jane, con quen mantén unha intensa relación de amizade, a pesar de tódolos problemas que causa en cada caso no que traballa. Tivo unha infancia difícil, súa nai morreu atropelada e seu pai volcouse no alcohol, polo que tivo que asumir o rol de estos e coidar de seus irmáns. Axuda a Jane a atrapar a Red Jonh polo que remata despedida e ocupa o posto de Xefa de policía nun pequeno pobo ata que a chama o FBI para formar parte do novo equipo de Jane nesta axencia.
Kimball Cho Tim Kang Membro do equipo da Brigada Criminal, e despois do equipo do FBI co que colabora Jane. Antigamente membro de bandas xuvenís e despois do exército, destaca polo seu caracter serio, impasibel e extremadamente directo
Wayne Rigsby Owain Yeoman Outro membro da Brigada Criminal, que despois se adica ao sector privado. Grande e de bo corazón esta namorado de Van Pelt, ca que remata casando e tendo un fillo despois dunha larga e difícil relación a causa de ser compañeiros de traballo. Foi membro da brigada Anti Incendios e seu pai pertencía a unha perigosa banda de moteros.
Grace Van Pelt Amanda Righetti Terceira compoñente da Brigada Criminal, realiza principalmente labores de investigación e informática. É a que ten unha personalidade máis disposta a crer na espirutualidade e nos psíquicos. Manten unha relación sentimental con Rigsby en varias fases da serie, co que se acaba casando e tendo un fillo. A relación con Rigsby non está permitida polas reglas da brigada polo que o deixan, nese tempo chega a estar prometida co axente do FBI, Craig O'Laughlin, que resulta ser colaborador de Red Jonh e a quen mata a propia Grace ao final da terceira tempada.
Red Jonh É un asasino en serie, metódico e intelixente, é o antagonista da serie. Sempre ten o mesmo modus operandi, deixando unha enorme marca smily feita con sangue da vítima na parede que produza un maior impacto á persoa que vexa a escena do crime, e que permita que se vexa antes ou ao mesmo tempo que o corpo da vítima. Ao final da quinta tempada descúbrese a súa identidade e a rede que elaborou dentro das forzas de seguridade a nivel de todos os Estados Unidos, a Sociedade Blake.
Dennis Abbott Rockmond Dunbar Axente do FBI, máximo responsabel da división ca que colabora Jane.
Kim Fischer Emily Swallow Axente do FBI, subordinada de Abbott e axente ao cargo de Patrick Jane.

Secundarios[editar | editar a fonte]

  • Gregory Itzin coma Virgil Minelli, xefe da CBI cando Jane entra a colaborar con ela.
  • Aunjanue Ellis coma Madeleine Hightower, ocupa o posto de Minelli cando este se retira, fúgase ca axuda de Jane tras ser acusada do asasinato de Todd Johnson.
  • Pruitt Taylor Vince coma J.J. LaRoche, persoa encargada de investigar o asasinato de Todd Johnson e sustituto de Hightower ao fronte da CBI trala fuga desta.
  • Terry Kinney coma Sam Bosco, axente especial da CBI, é o xefe do equipo que se fai cargo do caso de Red Jonh durante o periodo no que se lle retirou ao equipo de Lisbon. Morre asasinado xunto ao resto do seu grupo por unha axudante do asasino en serie.
  • Leslie Hope coma Kristina Frye, medium que aparentemente non se aproveita das argucias de Jane, tamén colabora ca CBI na resolución de algúns casos. Manten unha certa relación de proximidade con Jane, sen chegar a concretarse nada. É raptada e traumatizada por Red Jonh.
  • Michael Gaston coma Gale Berthram, director e xefe de toda a BIC e superior sucesivamente de Minelli, Hightower, LaRoche e Mainweight. É membro da Sociedade Blake e un dos candidatos de Jane a ser Red Jonh, morrendo asasinado por outro membro da sociedade.
  • David Norona coma Osvaldo Ardiles, Secretario do Fiscal e un dos sospeitosos de ser Red Jonh. Foi asesinado por Richard Haibach.
  • Jack Plotnick coma Brett Partridge, forense da CBI, membro da Sociedade Blake e un dos sospeitosos de ser Red Jonh.
  • Rebeca Wisocky coma Brenda Shettrick, xefa de prensa da CBI, vese envolta nun roubo na casa do xefe de asuntos internos JJ LaRoche.
  • Erick Winter coma Craig O'Laughlin, axente do FBI e prometido de Grace Van Pelt, resulta ser colaborador de Red Jonh.
  • Michael Rady coma Luther Wainwright, xefe da brigada, morre ao final da cuarta tempada no intento de arresto de Red Jonh.
  • Xander Berkeley coma Sheriff McAllister, Sheriff do Val de Napa, é un dos que Jane considera sospeitosos de ser Red Jonh.
  • Emmanuelle Chriqui coma Lorelei Martins, colaboradora de Red Jonh, Jane axudaa a fugarse da carcel para obter información do psicópata, xa que este asasinou á súa irmá.

Episódicos[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]