The Destruction of Small Ideas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

The Destruction of Small Ideas
Álbum de 65daysofstatic
Publicado30 de abril de 2007
Duración62:16
Xénero(s)post-rock
Selo(s)Monotreme
Producido por65daysofstatic
Cronoloxía
One Time for All Time
(2005)
The Destruction of Small Ideas We Were Exploding Anyway
(2010)

The Destruction of Small Ideas é o terceiro álbum de estudio da banda inglesa de post-rock 65daysofstatic, publicado o 30 de abril de 2007 no Reino Unido e o día seguinte nos Estados Unidos a través do selo Monotreme, e o 23 de abril no Xapón por Zankyo.

"Don't Go Down to Sorrow" foi o primeiro sinxelo do álbum, editado no Reino Unido o 9 de abril, nos Estados Unidos o 17 do mesmo mes, e no Xapón o 23 de marzo.

Unha versión en vinilo con dobre cuberta despregable do álbum foi publicada o 12 de novembro de 2007, tamén a través de Monotreme Records.[1]

Cando foi publicado a súa produción foi criticada nalgunhas recensións,[2] pero a banda afirmou nunha entrevista que foi intencional e directamente influenciado por un artigo escrito por Nick Southall para Stylus Magazine.[3]

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

N.º Título Duración
1. "When We Were Younger & Better"   6:57
2. "A Failsafe"   4:28
3. "Don't Go Down to Sorrow"   6:55
4. "Wax Futures"   4:03
5. "These Things You Can't Unlearn"   6:27
6. "Lyonesse"   3:26
7. "Music Is Music as Devices Are Kisses Is Everything"   5:20
8. "The Distant & Mechanised Glow of Eastern European Dance Parties"   3:33
9. "Little Victories"   5:14
10. "Primer"   4:51
11. "White Peak/Dark Peak"   3:57
12. "The Conspiracy of Seeds" (con Circle Takes the Square) 7:08

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Monotreme Records: 65daysofstatic". web.archive.org. 2007-07-01. Archived from the original on 01 de xullo de 2007. Consultado o 2022-06-18. 
  2. "Album Review: 65daysofstatic - The Destruction Of Small Ideas". DrownedInSound (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 31 de agosto de 2019. Consultado o 2022-06-20. 
  3. "65daysofstatic - Interview - Stylus Magazine". web.archive.org. 2016-03-16. Archived from the original on 16 de marzo de 2016. Consultado o 2022-06-20.