Test de Apgar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Retrato de Virginia Apgar, enfermeira que desenvolveu o que hoxe coñecemos como test de Apgar.

O test de Apgar foi desenvolvido pola doutora norteamericana Virginia Apgar, pediatra e anestesista que abriu o campo da neonatoloxía. Foi publicado por primeira vez en 1953.[1]

Trátase dun exame clínico que se lle realiza ao neonato despois do parto, onde o pediatra, o neonatólogo, o obstetra ou o enfermeiro cualificado realizan unha proba na que se valoran cinco parámetros para obter unha primeira valoración simple e clínica sobre o estado xeral do neonato nese momento[2].

O neonato é avaliado consonte cinco parámetros fisioanatómicos simples, que son o ton muscular, o esforzo respiratorio, a frecuencia cardíaca, os reflexos e a cor da pel.

A cada parámetro asígnaselle unha puntuación de entre 0 e 2, e sumando as cinco puntuacións obtense o resultado do test (cun máximo de 10).

O test realízase ao minuto, aos cinco minutos e, ocasionalmente, cada cinco minutos ata os 20 minutos despois de nacer, se a puntuación ata os cinco minutos é inferior a sete. A puntuación ao primeiro minuto avalía o nivel de tolerancia do neonato ao proceso do nacemento e o seu posible sufrimento, entanto que a puntuación obtida aos cinco minutos avalía o seu nivel de adaptabilidade ao medio e a súa capacidade de recuperación. Un neonato cunha puntuación máis baixa ao primeiro minuto que ao quinto obtén uns resultados normais e non implica anormalidade na súa evolución. Pola contra, se marca 0 puntos de Apgar débese avaliar clinicamente a súa condición anatómica para lle ditaminarlle estado de morte.

Actualmente segue a usarse como un test rápido, sinxelo e preciso para avaliar a vitalidade dos neonatos. Ten tamén unha certa capacidade de predición do prognóstico e a supervivencia, e o seu uso é práctica habitual hoxe en día en todos os centros de sanitarios que atenden partos.[3][4]

Parámetros e criterios de valoración[editar | editar a fonte]

Os cinco criterios desta proba son os seguintes:

0 puntos 1 punto 2 puntos
Cor da pel Todo azul Extremidades azuis Normal
Frecuencia cardíaca 0 Menos de 100 Máis de 100
Reflexos e irritabilidade Sen resposta a estimulación Aceno. Choro débil ao ser estimulado Espirros, tose e pateadura ao ser estimulado
Ton muscular Ningunha Algunha flexión Movemento activo
Respiración Ausente Débil ou irregular Forte

Se o bebé está en boas condicións obterá unha puntuación de entre 7 e 10 puntos. Se obtén de 4 a 6 puntos, a súa condición fisiolóxica non está a responder adecuadamente e o neonato require unha valoración clínica e recuperación inmediata. Se é igual ou menor a 3, necesita atención de emerxencia, como medicamentos intravenosos e respiración asistida. Se a puntuación é 0, é moi probable que baixo un perfecto estudo clínico se lle ditamine o estado resolutivo de morte.

Grazas a este método, durante os máis de 50 anos que leva realizándose logrouse reducir a taxa de mortalidade e a taxa de morbilidad, ao avaliar o estado do bebé inmediatamente despois de nacer. Pódense valorar mediante esta proba (en embarazos non controlados) determinacións sobre certas síndromes e/ou signos patolóxicos. O resultado do test de Apgar é un dato de relevancia para a saúde pública infantil.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Apgar V. A. «Proposal for a New Method of Evaluation of the Newborn Infant.
  2. O Dicionario Galego de Termos Médicos, da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia (2002) define o test de Apgar como: "Confrontación de cinco criterios, cada un puntuado de 0 a 2, para valora-lo estado do neonato inmediatamente despois do parto: frecuencia cardíaca, movementos respiratorios, ton muscular, resposta ós estímulos e coloración do neno. Se o total é inferior a 7, o neno debe ser sometido a tratamentos de reanimación cardíaca, respiratoria e metabólica".
  3. Finster M, Wood M.«The Apgar Score Has Survived the Test of Time.
  4. Casey, B. M.; McIntire, D. D.; Leveno, K. J. «The Continuing Value of the Apgar Score for the Assessment of Newborn Infants.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]