Tepui Kukenán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 5°12′36″N 60°49′52″O / 5.21, -60.83111

Tepui Kukenán

O tepui Kukenán.
Localización xeográfica
CordilleiraEscudo güianés
Localización administrativa
Localización Venezuela
Características xerais
Altitude2680 m m
Ruta máis fácilSendeirismo

O tepui Kukenán,[1] tamén sabido como Matawi ou Cuquenán, é un tepui que se atopa no estado Bolívar, na Rexión Güiana de Venezuela. Ten unha área estimada de 2185 hectáreas (equivalente a 21,85 quilómetros cadrados). Atópase a 2.680 metros de altitude e ten 3 km de longo. A fervenza de Kukenán é un salto de 674 metros e atópase na parte sur do tepui.[2]

Kukenán está situado no Parque Nacional Canaima. Xunto a Kukenán, ao sueste, está o monte Roraima, un tepui máis coñecido. Kukenán é máis difícil de subir, polo que se ascende con moita menos frecuencia que o monte Roraima.[3] O Parque Nacional Canaima tamén conta coa fervenza máis alta do mundo, que se atopa no tepui Auyán.[4]

A paisaxe de Kukenán serviu de inspiración para o filme de 2009 Up.[5]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "VENELAND Expedition, Trekking Kukenan Tepuy.". 2 de decembro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 2 de decembro de 2011. Consultado o 24 de febreiro de 2018. 
  2. Kukenaam, Salto Arquivado 11 de xuño de 2011 en Wayback Machine.. World Waterfall Database.
  3. Kukenan Tepui. SummitPost. 24 de xullo de 2007.
  4. "Kukenan Tepui : Climbing, Hiking & Mountaineering : SummitPost". www.summitpost.org. 
  5. "BBC Mundo - Cultura y Sociedad - Una Venezuela que inspiró a Disney" (en castelán). Consultado o 24 de febreiro de 2018.