Taifun

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Taifun foi unha serie de satélites artificiais militares soviéticos e rusos usados para calibración de radares terrestres.[1][2][3][4]

Taifun 1[editar | editar a fonte]

Os Taifun 1, tamén coñecidos como Vektor, foron a primeira serie de satélites Taifun. Eran satélites para calibración de radar activos en forma de esfera de 2 m de diámetro e coa superficie cuberta por células solares. Tiñan unha masa de 500 kg e lanzáronse 24, todos foron lanzados mediante foguetes Kosmos-3M, enre 1974 e 1994.[1][5]

Taifun 1B[editar | editar a fonte]

Os Taifun 1B eran, ao contrario que os Taifun 1, satélites pasivos. Tiñan tamén forma de esfera de 2 m de diámetro e unha masa similar, pero sen as células solares da superficie. Lanzáronse 14 entre 1979 e 1996, todos mediante Kosmos-3M excepto un, lanzado mediante un Zenit 2.[2][6]

Taifun 2[editar | editar a fonte]

Os Taifun 2 eran satélites contedores que, unha vez en órbita, liberaban ata 24 subsatélites denominados Romb para simular o despregue de diversas oxivas por un mísil balístico e poder calibrar os radares de terra adecuadamente. Estaban estabilizados nos tres eixos e usaban o bus AUOS-3. Lanzáronse 27 usando foguetes Kosmos-3M entre 1976 e 1995.[3][7]

Taifun 3[editar | editar a fonte]

Os Taifun 3 ían ser unha versión mellorada dos Taifun 2. Non se chegou a lanzar ningún.[4][8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Mark Wade (2022). "Taifun-1" (en inglés). Consultado o 24 de xaneiro de 2022. 
  2. 2,0 2,1 Mark Wade (2022). "Taifun-1Yu" (en inglés). Consultado o 24 de xaneiro de 2022. 
  3. 3,0 3,1 Mark Wade (2022). "Taifun-2" (en inglés). Consultado o 24 de xaneiro de 2022. 
  4. 4,0 4,1 Mark Wade (2022). "Taifun-3" (en inglés). Consultado o 24 de xaneiro de 2022. 
  5. Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "Taifun-1 / Vektor (11F633)" (en inglés). Consultado o 24 de xaneiro de 2022. 
  6. Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "Taifun-1B / Yug (17F31)" (en inglés). Consultado o 24 de xaneiro de 2022. 
  7. Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "Taifun-2 (11F634)" (en inglés). Consultado o 24 de xaneiro de 2022. 
  8. Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "Taifun-3 ?" (en inglés). Consultado o 24 de xaneiro de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]