Túnel de Hvalfjörður
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Túnel de Hvalfjörður (Hvalfjarðargöng en islandés) é un túnel de estrada baixo o Hvalfjörður fiorde de Islandia. Forma parte da hringvegur. Ten 5.762 m. de lonxitude e unha profundidade de 165 metros baixo o nivel do mar. Foi aberto o 11 de xullo de 1998. Acurta a distancia desde Reykjavík ao oeste e norte de Islandia nuns 45 Km. Atravesar o fiorde leva agora 7 minutos no canto dos sesenta previos á súa creación.