Suso Díaz
Suso Díaz Seoane, nado en Suíza en 1971 e falecido en Ourense o 12 de outubro de 2010, foi un actor, escenógrafo, iluminador, deseñador gráfico, director e autor teatral galego.
Índice |
Traxectoria [editar]
Suso Díaz estivo vinculado a Sarabela Teatro dende 1988 ata o seu falecemento, e con este grupo de Ourense desempeñou diversos labores teatrais, pero fundamentalmente o de escenógrafo, iluminador e actor. Colaborou tamén como docente na Aula Universitaria de Teatro de Ourense, e contribuía á organización da Mostra Internacional de Teatro Universitario (Miteu) e a Mostra de Teatro Infantil (MOTI), desenvolvidas por Sarabela Teatro en Ourense.
En 2006 cofundou a compañía La Imagina Machina, coa que dirixiu montaxes como Ubú Rei, de Alfred Jarry (2008)[1].
Montaxes [editar]
- 1994. Cama 2 por 2 para 2, de Sergi Belbel (actor)
- 1996. A esmorga de Eduardo Blanco Amor (actor; como Bocas)
- 1999. Romance de Micomicón e Adhelala, de Eduardo Blanco Amor (actor)
- 2000. O lapis do carpinteiro, de Manuel Rivas (iluminador, actor; como o doutor Daniel da Barca)
- 2001. Sexismunda, versión de La vida es sueño, de Pedro Calderón de la Barca (actor, escenógrafo, iluminador)
- 2001. A illa amarela, de Paloma Pedrero (escenógrafo)
- 2003. Así que pasen cinco anos, de Federico García Lorca (actor, escenógrafo, iluminador)
- 2004. Caricias, de Sergi Belbel (escenógrafo)
- 2004. A gata con botas, adaptación do conto de Charles Perrault (escenógrafo)
- 2005. O heroe, de Manuel Rivas (actor, escenógrafo, iluminador)
- 2007. Macbeth, de William Shakespeare (actor, iluminador)
- 2008. Ubú Rei, de Alfred Jarry (director)
- 2009. Margar no pazo do tempo, de Ánxeles Cuña (actor, escenógrafo, iluminador)
- 2010. O incerto señor Don Hamlet, de Álvaro Cunqueiro (actor, iluminador; faleceu no transcurso das súas representacións).
Galardóns [editar]
Obtivo 7 premios María Casares:
- Mellor iluminación pol'O lapis do carpinteiro.
- Mellor iluminación por Sexismunda.
- Mellor iluminación pol'A esmorga.
- Mellor escenografía por Así que pasen cinco anos.
- Mellor escenografía pol'O heroe (dentro do colectivo La Faust und Volk).
- Mellor escenografía pol'A esmorga.
- Mellor iluminación por O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca, recibido de forma póstuma en 2011
Vida persoal [editar]
Non se fixeron públicas as causas da súa morte[2]. Foi soterrado no camposanto de Pazos de San Clodio, en San Cibrao das Viñas. Instalouse a súa capela ardente no Auditorio de Ourense.