Subdivisións de Gales

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A proposición do goberno local galés, Gales divídese en 22 autoridades unitarias (unitary authority areas), responsabeis de todo os servizos do goberno local, incluíndo educación, servizos sociais, medio ambiente e estradas. E ademais, por debaixo delas, nalgunhas zonas hai tamén community councils (Concellos), encargados dalgunhas áreas específicas dentro deses "Concellos". Aínda que o termo "autoridades unitarias" é o oficial e designado polo goberno galés, na práctica en Gales case nunca son nomeados dese xeito. Nas Autoriades Unitarias atópanse tres tipos distintos: nove conunties (condados), tres cidades e dez county boroughs (distritos); aínda que todos eles dispoñen do mesmo grao de poder. Todos os medios de comunicación, incluíndo a BBC Wales, refírense ás autoridades unitarias como condados. Estas autoridades unitarias creáronse no ano 1996 a través da Local Government (Wales) Act 1994.

A raíña nomea un Lord Lieutenant para que a represente nos oito Preserved counties of Wales, que son unha combinación dos anteriores condados. Porén, outras subdivisións apareceron cando se dividiu o territorio galés para o repartimento dos servizos de bombeiros e policía.

Cidades[editar | editar a fonte]

Hai cinco cidades en Gales: xunto coas tres Autoridades Unitarias que teñen ese status, os concellos de Bangor e St Davids tamén acadaron o status de cidade. O status de cidade acádase mediante o Letters patent.

Autoridades unitarias[editar | editar a fonte]

Todas as autoridades unitarias coñécense como condados, agás a cidade de Newport, as cidades e condados de Cardiff, a cidade de Swansea (marcados cun *), e os county boroughs (marcados cun †).

Map Cymru 1996 gyda rhifau.svg
  1. Merthyr Tydfil (Merthyr Tudful) †
  2. Caerphilly (Caerffili) †
  3. Blaenau Gwent
  4. Torfaen
  5. Monmouthshire (Sir Fynwy)
  6. Newport (Casnewydd) *
  7. Cardiff (Caerdydd) *
  8. Vale of Glamorgan (Bro Morgannwg) †
  9. Bridgend (Pen-y-bont ar Ogwr) †
  10. Rhondda Cynon Taf
  11. Neath Port Talbot (Castell-nedd Port Talbot) †
  12. Swansea (Abertawe) *
  13. Carmarthenshire (Sir Gaerfyrddin)
  14. Ceredigion
  15. Powys
  16. Wrexham (Wrecsam) †
  17. Flintshire (Sir y Fflint)
  18. Denbighshire (Sir Ddinbych)
  19. Conwy
  20. Gwynedd
  21. Isle of Anglesey (Ynys Môn)
  22. Pembrokeshire (Sir Benfro)