Suavizado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

En estatística e procesamento de imaxes, o suavizado ou smoothing serve para crear unha función aproximada que intente captar os patróns máis importantes do conxunto de datos, eliminando o ruído. Durante o suavizado, os puntos de datos dun sinal modifícanse para reducir os puntos individuais, de xeito que aqueles puntos que están por debaixo dos do contorno se elevan para obter un sinal máis suave. Para o suavizado úsanse moi variados algoritmos. O suavizado de datos faise habitualmente a través do histograma, o estimador de densidade máis simple.

Algoritmos de suavizado[editar | editar a fonte]

Un dos algoritmos máis empregados é a "media móbil", que se emprega en numerosas ocasións para captar as tendencias importantes en repetidas enquisas estatísticas dunha serie de datos, deixando de lado o ruído. Esta técnica emprégana xeralmente os fabricantes para a representación das curvas de resposta na frecuencia de altofalantes. A filosofía deste post-procesado dos valores dunha curva de resposta en frecuencia é eliminar da gráfica os picos esaxeradamente estreitos para ser percibidos como tales polo oído, aínda que o efecto secundario sexa facer as curvas de resposta máis atractivas na documentación técnica. O máis usual é empregar un suavizado dun terzo de oitava (por razóns psicoacústicas) ou media oiava.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Hastie, T.J. and Tibshirani, R.J. (1990), Generalized Additive Models, New York: Chapman and Hall. Chapter on data smoothing from the instruction manual for Wolfram Research's Mathematica.