Star Wars Jedi Knight: Jedi Academy

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Star Wars Jedi Knight: Jedi Academy é un xogo de acción en primeira e terceira persoa ambientado no universo de Star Wars. Foi creado por Raven Software e publicado, distribuído e comercializado por LucasArts en Norte América e por Activision no resto do mundo. Jedi Academy foi lanzado en setembro de 2003 e recibiu críticas positivas, acadando o 81% de puntuacións positivas. En setembro de 2009, o xogo game foi relanzado xunto cos seus tres predecesores a través de Steam and Direct2Drive.

Jedi Academy foi desenvolta baixo o mesmo sistema Quake III: Team Arena empregado nos seu predecesor, Star Wars Jedi Knight II: Jedi Outcast, contendo modificacións no código Quake para incluír o combate con sabre láser. Ademais o xogador pode modificar a vestimenta e aparencia do personaxe, e pode construír un sabre láser escollendo o estilo e a cor.

O xogador toma o control do personaxe Jaden Korr, un estudante da Academia Jedi baixo a tutela de Kyle Katarn. O xogador debe completar varias misións asignadas por Kyle Katarn e Luke Skywalker. Tamén posúe o modo multixogador que permite xogar contra outras persoas a través da rede.

Véxase tamén [editar]

Outros artigos [editar]

Ligazóns externas [editar]