St. Stephen's Green

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
St Stephen's Green.
Fonte en St Stephen's Green.
Interior do St Stephen's Green Shopping Centre.

St Stephen's Green, (en irlandés Faiche Stiabhna) é un parque público situado no centro da cidade de Dublín (Irlanda), nun dos extremos de Grafton Street, unha das rúas comerciais máis importantes da capital irlandesa.

O parque ten forma retangular e antigamente as rúas que o rodeam constituíam as principais artérias por onde se canalizaba o tránsito no centro da cidade, se ben a raíz dunha ordenanza do Concello no 2004, o tráfico nesas rúas (St Stephen's Green North, St Stephen's Green South, St Stephen's Green East e St Stephen's Green West respectivamente)[1] reduciuse considerablemente..

Historia[editar | editar a fonte]

Ata 1663 a área na que actualmente está situado o parque atopábase fora da cidade e era empregada principalmente para pastos. Ese ano, o goberno municipal decidiu pechar o parque e vender as terras que o rodeaban.[2] O parque quedou rodeado por un muro en 1664 e rápidamente se comezaron a construir unha gran cantidade de edificios de estilo xeorxiano ao seu redor, o que fixo que a finais do século XVIII, o lugar fose a residencia da alta sociedade de Dublín. Actualmente, a meirande parte dos edificios que se poden ver preto de St Stephen´s Green son unha réplica dos que antes existían, xa que moi poucos dos orixinais sobreviviron.

En 1814, o control do parque pasou a estar baixo unha comisión representativa dos residentes da zona que tomou a decisión de substituir o muro que rodeaba o perímetro por unha rede e restrinxir o acceso ao interior do mesmo, de xeito que só os residentes na zona podían acceder ao interior do parque.[3] O acceso libre só foi retomado en 1877 por orde do Parlamento, por iniciativa de Arthur Guinness, facendo que fose reaberto para poder ser disfrutado por tódolos habitantes de Dublín. O proprio Guiness pagou en 1880 o redeseño do parque que dende aquela se mantén sen grandes alteracións. En agradecemento ao seu traballo, no interior do parque hai unha estatua na súa memoria.

Durante o Alzamento de Pascua de 1916, un grupo de cerca de 250 revolucionarios formado principalmente por membros do IRA baixo as ordes do comandante Michael Mallin tomou o control do parque,[2][4] bloqueando o acceso. O exército británico respondeu atacando as posicións rebeldes dende o Shelbourne Hotel, situado na esquina nordeste do parque, o que obrigou a estes últimos a retirarse ao Real Colexio de Cirurxiáns de Irlanda, onde finalmente a revolta foi sofocada. As crónicas da época contan que durante o combate houbo un momento no que se decretou un alto o lume para que o garda do parque puidese alimentar aos parrulos.[5]

Deseño[editar | editar a fonte]

St Stephen's Green é un dos exemplos de patrimonio público máis antigos de Dublín e o seu deseño actual débese ás reformas que se realizaron durante o século XIX.

Ten forma retangular e unhas dimensións aproximadamente de 550 por 450 metros. No centro do parque hai un gran lago que é alimentado polas augas que lle chegan do Grand Canal de Portbello.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: St. Stephen's Green

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Coordenadas: 53°20′17″N 6°15′33″W / 53.33806°N 6.25917°W / 53.33806; -6.25917