Sommelier

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sommeliers en acción.

Sommelier[1] é o profesional da hostalaría encargado da xestión e comercialización do viño nun restaurante, así como de aconsellar á clientela cal é o que máis se axeita aos pratos que van consumir[2].

Ademais do viño, este profesional pode estar especializado en cervexas, ou outros tipos de bebidas, e de todos os asuntos relacionados ao servizo deste. Adicionalmente, coida da compra, almacenamento e rotación de adegas e elabora cartas de viño en restaurantes.

Na antigüidade, o sommelier era quen botaba o viño nas cuncas dos convidados, nos banquetes.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

A palabra sommelier vén do francés [bête de] somme = [besta de] carga + lier = amarrar, ligar, polo tanto o "amarrador (ou lidador) das cargas". En resumo, o carroceiro dos castelos e palacios, que, por transportar as pipas de viño, acabou sendo o encargado de probar seu contido antes que fose servido aos reis e nobres, para evitar tentativas de envelenamentos durante o transporte.

En portugués tamén se emprega o substantivo escanção (escancián) que, o mesmo que o verbo escanciar (servir viño, sidra ou outra bebida), deriva do vocábulo da lingua gótica skankja, que significa copeiro (o que lle serve a copa aos reis).[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Termo en galego segundo o Servizo de Normalización Lingüística da USC
  2. Proposta de definición do Servizo de Normalización Lingüística da USC
  3. Verbete "escanção" do dicionário Priberam

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sommelier

Outros artigos[editar | editar a fonte]