Sirin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Sirin
Ficha técnica
Título orixinalSirin
DirectorSenad Šahmanović
GuiónClaudia Bottino
Senad Šahmanović
IntérpretesDanica Curcic
May-Linda Kosumovic
Jelena Simic
MúsicaIvan Marovic
FotografíaAleksandar Jakonic
MontaxeTomislav Pavlic
Estrea2023
Duración90 minutos
OrixeMontenegro Montenegro
XéneroDrama
Na rede
IMDB: tt11646964 Editar o valor em Wikidata

Sirin é un filme montenegrino de 2023 dirixido por Senad Šahmanović. Foi escollido como candidato de Montenegro para o Óscar ó mellor filme internacional na 96ª edición dos premios,[1] mais finalmente non foi nomeado.

Sinopse[editar | editar a fonte]

A trama segue a Nathalie, que abandonou a antiga Iugoslavia inmediatamente despois do comezo das guerras dos noventa. Como moitas outras persoas desta zona, emigrou ao estranxeiro na procura dunha vida mellor e dun futuro máis seguro. Despois de varios anos no estranxeiro, querendo adaptarse plenamente á vida nun novo ambiente, desexaba cambiar a súa identidade e borrar as súas orixes. Porén, unha herdanza dunha anciá rica que non tiña familia lévaa de regreso ao seu país de orixe, Montenegro.

Personaxes[editar | editar a fonte]

  • Danica Curcic como Nathalie
  • May-Linda Kosumovic como Valerie
  • Jelena Simic como Jasmina
  • Marko Bacovic como Andrija Djurdjevic
  • Jasna Djuricic como muller de Andrija
  • Izudin Bajrovic como o alcalde
  • Lidija Kordic como recepcionista do hotel

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Film "Sirin" crnogorski kandidat za nagradu Oskar u 2023. godini". Vlada Crne Gore Slovenia (en serbio). 2023-09-12. Arquivado dende o orixinal o 2023-09-19. Consultado o 2023-09-13. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]