Signo de Durkan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Signo ou test de Durkan é un signo clínico utilizado para diagnostica-la síndrome do túnel carpiano. É unha variación do Signo de Tinel proposta por J.A. Durkan en 1991. [1]

Execución[editar | editar a fonte]

O examinador aperta cos seus polgares sobre o túnel carpiano e mantén a presión durante trinta segundos.[2] O test é positivo se aparecen parestesias ou dor na zona de distribución do nervio mediano no primeiros trinta segundos.[1]

Fiabilidade[editar | editar a fonte]

En estudos de fiabilidade, a sensibilidade do signo de Durkan varía entre o 87 e o 91%, mentres que a súa especificidade varía entre o 90 e o 95%, sendo así máis sensible que os signos de Tinel e Phalen.[2] [3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 http://www.eatonhand.com/hw/ctsslater.htm
  2. 2,0 2,1 http://www.fpnotebook.com/Ortho/Exam/CrplCmprsnTst.htm
  3. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2010. Consultado o 26 de maio de 2020.