Scipione Ammirato

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Scipione Ammirato (Lecce 1531 - Florencia 1601), historiador italiano.
Procedente dunha familia nobre napolitana de orixe florentina, o seu pai enviouno a estudar leis a Nápoles, pero el preferiu a literatura e fixo amizada con autores como Bernardino Rota e Angelo Di Costanzo. Residiu por un tempo en Venecia ata que pasou ao servizo do Papa Pío IV. En 1569 asentouse en Florencia, onde contou co apoio do duque Cósimo I para escribir a súa Istorie Florentine (1600)