Sausga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Sausga foi unha deusa hitita. O seu centro principal de culto foi Lawazantiya. O rei Hattusilis III, que de neno estaba gravemente doente, foi posto baixo a protección da deusa á que se prometeu que se había consagrar se curaba; así foi, e Hattusilis converteuse en sacerdote e devoto de Sausga, pero durante o reinado do seu irmán Muwatallis II foi chamado a outras responsabilidades.