Sarubobo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Un pequeno sarubobo, feito para colgar do teléfono móbil

Un sarubobo é un amuleto xaponés, normalmente relacionado coa cidade de Takayama na prefectura de Gifu. Os sarubobos son bonecos con forma humana, sen trazos faciais e feitos e multitude de tamaños. Tradicionalmente as avoas fan sarubobos para os seus netos como xoguetes e para as súas fillas como feitizo de bo casamento, bos fillos e para asegurar un parella correcta.

O nome "sarubobo"[editar | editar a fonte]

A tradución literal do xaponés de sarubobo é "bebé mono". A palabra xaponesa para mono é "saru" e outra forma de decilo é "en".

Hai varias razóns po-las que o amuleto ten este nome. O sarubobo asóciase con tres desexos;

  • Protección perante as cousas malas.

En xaponés a palabra galega "marchar" tradúcese como "saru", po-lo que ter un sarubobo significa que as cousas malas "saru" (marcharán)

  • Un fogar feliz, un acerto.

En xaponés un fogar feliz dise "kanai eman", un acerto é "ryoen"

  • Ter un parto sinxelo.

O nacemento dos monos é sinxelo.

O rostro do sarubobo é tradicionalmente vermello, como o rostro dos bebés mono.


Por que o sarubobo non ten cara[editar | editar a fonte]

Os bonecos sarubobo e outros feitizos no teñen trazos faciais. As razóns son confusas, pero hai algunhas hipóteses. Unha destas hipóteses é que, orixinariamente, os sarubobos facíanse con retais sobrantes por parentes, po-lo que non había necesidade de que foran moi exactos.

Outra hipótese é que a ausencia de rostro permite ó poseedor imaxinalo. Entón, cando o dono está triste, poden imaxinar o seu sarubobo triste tamén.

O sarubobo moderno[editar | editar a fonte]

Na actualidade os sarubobos son un popular souvenir en Takayama e pódense conseguir en moi diferentes cores e formas nas tendas de recordos. Incluso hai unha boneca Hello Kitty vestida como un sarubobo.

As diferentes cores dos sarubobos están asociadas con diferentes desexos;

  • Sarubobo azul - sorte nos estudos e no traballo
  • Sarubobo rosa - sorte no amor
  • Sarubobo verde - sorte na saude
  • Sarubobo amarelo - sorte co diñeiro

Tamén hai un sarubobo cunha forma distinta chamado "tobibobo".