Santo Domingo
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Santo Domingo | |
|---|---|
| Situación xeográfica | |
| Estado: | |
| Rexión: | |
| Subrexión: | |
| Distrito: | Distrito Nacional |
| Xeografía | |
| Altitude: | 14 msnm |
| Superficie: | 80 km² |
| Poboación | |
| Poboación total: | 2.987.013 hab. (2008) |
| Densidade de poboación: | hab/km² |
| Xentilicio: | Capitaleño/ña |
| Información | |
| Código postal: | |
| Alcalde: | Roberto Salcedo |
| Sitio na web: | Ayuntamiento del Distrito Nacional (ADN) |
Santo Domingo de Guzmán, normalmente chamada só Santo Domingo, é a capital da República Dominicana.
[editar] Historia
Foi a primeira cidade fundada por europeos en América no ano 1496 por Bartolomé Colón, e máis tarde trasladada por Nicolás de Ovando no ano 1502 ao lugar que hoxe en día ocupa. É unha cidade cosmopolita e ao mesmo tempo chea dun profundo pasado histórico asociado á conquista do continente americano.
Situase ao sueste da illa A Española, illa cuxo territorio a República Dominicana comparte con Haití, e está bañada polo mar Caribe, o que fai que posúa un clima agradable.
A Zona Colonial de Santo Domingo de Guzmán foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO e inclúe as construcións máis antigas creadas polos españois no Novo Mundo.