Santa Catarina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Santa Catarina
Bandeira de Santa Catarina Escudo de Santa Catarina
Bandeira Escudo
Himno: Hino de Santa Catarina
 
Santa Catarina in Brazil.svg
 
Estado Flag of Brazil.svg Brasil
Capital
 • Poboación
Florianópolis
538.084 (2013)
Cidade principal Joinville
Linguas
 • Oficiais
Portugués
Portugués
Estatus
 • Gobernador
Estado
Raimundo Colombo (PSD)
Fundación
1889
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 20º
95.346 km²
n/d
n/d km
531 km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 11º
6.383.286 (2012)
67 hab./km²
Xentilicio Catarinense, barriga verde
Fuso horario
 • en verán
BRT (UTC-3)
BRST (UTC-2)
Dominio de Internet .br
Código ISO BR-SC
Estados do Brasil

Santa Catarina é un estado brasileiro localizado no centro da rexión Sur. Ten como límites: a Norte o estado do Paraná, ao Leste o Océano Atlántico, ao Sur o Estado de Río Grande do Sur e ao Oeste a Arxentina. Ocupa unha superficie de 95.442,9 km² (do tamaño aproximado da Hungría). A súa capital é Florianópolis.

As cidades máis poboadas son Joinville, Florianópolis, Blumenau, Criciúma e Chapecó. É un dos estados con máis elevacións en súas terras: uns 52% do territorio esta por encima dos 600 metros. Os ríos principais son o Uruguai, o Canoas, o Pelotas, o Negro, o Itajaí e o Iguazú.

Historia[editar | editar a fonte]

A rexión costeira do territorio que constitúe hoxe Santa Catarina foi, desde a época de descubrimento, visitada por navegantes de diversas nacionalidades. Entre as versións, atópase a da presenza do francés Binot Paulmier de Gonneville, que teria visitado a rexión durante seis meses, en 1504. Non existen dúbidas das viaxes dos portugueses Nuno Manuel e Cristóvão de Haro, que alí estiveron en 1514, e deron nome á Illa dos Patos, a actual illa de Santa Catarina. No ano seguinte, Juan Díaz de Solís pasou por aí en direción ao río da Prata. Once náufragos desa expedición foron recibidos polos indios carijós e iniciaron con eles una intenso mestizaje. Estes aborigenes vivían da caza e a pesca, eran notábeis teceláns de redes e cestos, e traballaban obxectos en pedra.

Expedicións españolas[editar | editar a fonte]

Varias expedicións españolas detivéronse no litoral catarinense no seu rumbo ao río da Prata: Rodrigo de Acuña, en 1525, deixou 17 tripulantes na illa. Sebastián Caboto, en 1526-1527, abasteceuse na rexión e foi rumbo ao río da Prata, para logo retornar. Despois de Caboto, chegaron Diego García e, en 1535, Gonzalo de Mendoza. En 1541, Álvar Núñez Cabeza de Vaca partiu da illa de Santa Catarina para traspasar a Serra do Mar e chegar por terra ao Paraguai.

Con o propósito de ocupar o Brasil meridional, o goberno español nomeou a Juan Sanabria gobernador do Paraguai, coa misión de colonizar a rexión do Río da Prata e poboar tamén o porto de São Francisco do Sul, en Santa Catarina. Coa morte de Juan Sanabria, tomou posesión do cargo o seu fillo Diogo. Algúns navíos da expedición lograron chegar á illa de Santa Catarina, onde os españois permaneceron por dous anos. Dividíronse en dous grupos: un deles en Asunción; e o outro, liderado por Hernando Trejo de Sanabria, estableceuse en São Francisco. Coa continua ameaza de ataque, retornaron para Asunción.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Clima[editar | editar a fonte]

No litoral, o clima é subtropical, con calor no verán e ventos máis fríos e intensos no inverno. Xa nos puntos máis altos da serra é clima temperado, máis frío, e poden ocorrer xeadas e ata mesmo neve nos invernos máis fortes.

En marzo de 2004 observouse, no sur do estado, a formación do primeiro furacán que se ten noticia no Hemisferio Sur: o furacán Catarina, con ventos de ata 160 km/h, que deixou prexuízos materiais e 3 vítimas fatais.

Economía[editar | editar a fonte]

A economía básase na industria (téxtil, cerámica, maquinas e equipamentos, motores eléctricos), na extracción mineral (minas de arxila, fosfato, carbón e cuarzo), na pesca e na agroindustria: o estado é un importante exportador brasileiro de carnes de polo e de porco, in natura o industrializada. Finalmente, a súa agricultura tamén é importante: é o principal produtor brasileiro de mazá e de outras froitas de clima frío, ademais de producir tamén millo.

Lagoa da Conceição, en Florianópolis.

Tamén destácase o turismo, nas belas praias de Florianópolis, Balneário Camboriú (moi procurada por turistas arxentinos), Garopaba, Penha e outras. As cidades de montaña da Serra Catarinense (Lajes, São Joaquim e Urubici) atraen turistas brasileiros no inverno, na expectativa de caídas de neve. Outros atractivos son as súas paisaxes naturais, como a da Serra do Rio do Rastro, ou o Parque Nacional de Aparados da Serra, na divisa co estado de Rio Grande do Sul.

Demografía[editar | editar a fonte]

Colonización[editar | editar a fonte]

Ademais dos pobos comúns à formación do pobo brasileiro (indios, negros africanos e brancos portugueses), en Santa Catarina temos unha grande influéncia de inmigrantes italianos e alemáns, que fundaron cidades como Joinville, Blumenau, Frederico Westphalen e outras. Dous dialectos alemáns, o pomerano (xa extinto na súa rexión de orixe), e o plattdüütsch ou baixo alemán, foron preservados polos decendentes destes inmigrantes. Minorías de orixe polacas e ucraínas tamén colonizaron o estado.

Cidades[editar | editar a fonte]

Cidade Rexión Poboación Cidade Rexión Poboación
1 Joinville Norte Catarinense 497.331 11 Brusque Val do Itajaí 102.280
Panorama, Joinville.
Joinville
Avenida Beira-Mar Norte, Florianópolis.
Florianópolis
Blumenau.
Blumenau
2 Florianópolis Grande Florianópolis 408.161 12 Balneário Camboriú Val do Itajaí 102.081
3 Blumenau Val do Itajaí 299.416 13 Tubarão Sul Catarinense 96.529
4 São José Grande Florianópolis 201.746 14 São Bento do Sul Norte Catarinense 76.514
5 Criciúma Sul Catarinense 188.557 15 Caçador Oeste Catarinense 70.720
6 Chapecó Oeste Catarinense 174.187 16 Concórdia Oeste Catarinense 70.393
7 Itajaí Val do Itajaí 172.081 17 Rio do Sul Vale do Itajaí 59.962
8 Lages Serrana 167.805 18 Araranguá Sul Catarinense 59.537
9 Jaraguá do Sul Norte Catarinense 139.017 19 Camboriú Vale do Itajaí 57.793
10 Palhoça Grande Florianópolis 130.878 20 Navegantes Vale do Itajaí 57.324
Fonte: IBGE, censo de poboación de 2009[1]
Florianópolis, São José, Palhoça e Biguaçu forman parte da Rexión Metropolitana de Florianópolis.
Criciúma e Içara forman parte da Rexión Metropolitana Carbonífera.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]