Celestino II, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Papas do século XII
Antipapas

Colestin II.gif

Celestino II (nado en Citá di Castello e falecido en Roma o 8 de marzo de 1144), foi o Papa nº 167 da Igrexa católica.

De nome Guido di Castello, foi nomeado cardeal de San Marcos por Honorio II en 1128. En 1140 foi elixido legado pontificio de Inocencio II en Francia, o que lle permitiu coñecer a Pedro Abelardo e converterse en alumno seu e condiscípulo de Arnaldo de Brescia. Esta relación enfrontou ó futuro papa con Bernardo de Claraval, que lle reprochaba a protección que brindou a Arnaldo.

O acto máis significativo do seu breve pontificado foi a anulación, mercede á intercesión de Bernado de Claraval, da excomuñón que sobre o rei francés Luís VII ordenara Inocencio II.

Celestino II foi o primeiro papa en aparecer nas profecías de San Malaquías, ó que se refire como "Ex castro Tiberis" (Do castelo do Tíber), cita que fai referencia ó seu lugar de nacemento.

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas