Saia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saia

A saia (Gl-saia.ogg pronunciación ) ou faldra é unha peza de vestir cinguida á cintura que cobre as pernas, polo menos en parte. Adoita ser de tea e de forma cilíndrica ou tronco-cónica, e a diferenza dos pantalóns non está dividida. Por extensión denomínanse tamén saias ou faldróns ás teas que colgan da mesa de braseiro ou dos berces.

Na súa versión máis sinxela pode ser un anaco de tea que se enrola na cintura (pareo, sarong), aínda que a maioría das saias son axustadas na cintura e máis amplas segundo se descende. Dependendo das épocas, as modas e o exhibicionismo de quen a leve, a lonxitude da saia pode ir de pouco máis que un cinto até chegar ata o chan, e pasando por calquera outra medida intermedia.

Algunhas saias medievais chegaron a ter máis de 3 metros de diámetro na base. No extremo contrario, as minisaias dos anos 60 (e seguintes) son pezas mínimas que poden chegar a non cubrir a roupa interior estando sentado, e en casos extremos nin estando de pé, para estes últimos emprégase o termo de saia-cinto.

A saia en épocas medievais[editar | editar a fonte]

Cara ao século XVI, a saia da xente de pobo era unha peza cadrangular de tea, cun buraco no centro, polo que se axustaba á cintura mediante un cinto ou simplemente unha corda, de modo que colgaban catro picos.

No libro Don Quixote aparece unha dona Trifaldi que, segundo se explica, tiña a saia triangular con tres picos.

As prostitutas levaban a saia de cor pardo e de aí vén a expresión castelá irse de picos pardos.

Saias no século XIX[editar | editar a fonte]

saia do século XIX

Durante o século XIX os cortes das saias na cultura occidental sufriron máis variacións que en ningunha outra época. A cintura da saia empezou situada á altura do peito (debaixo dos seos) e foi baixando paulatinamente ata a cintura. Ao principio foron bastante estreitas e fóronse ensanchando ata chegar á crinolina, o polisón, o corsé e o miriñaque (armazóns baixo as saias para darlles volume). Durante todo o século XIX, o baixo da saia moveuse entre debaixo do xeonllo e o chan.

Saias nos séculos XX e XXI[editar | editar a fonte]

Saia longa, a comezos do século XX

Desde 1915, as saias de día deixaron de arrastrarse polo chan. Durante os seguintes 50 anos, as saias volvéronse curtas (anos 20), logo longas (anos 30), despois máis curtas (os anos da Segunda Guerra Mundial), despois longas e volvéronse extremadamente curtas nos anos 60, cando se fixeron tan curtas como foi posible sen chegar a ensinar a roupa interior, o que naquela época constituía un tabú.

A partir dos anos 1970 a popularidade dos pantalóns para todo uso fixo que ningunha lonxitude de saia sexa dominante, coexistiendo as minisaias coas saias polo xeonllo ou ata as saias longas.

Algúns tipos de saias comúns son:

Unha enagua (tipo de saia usada como roupa interior, slip en inglés) é a roupa interior dunha muller levada posta baixo un vestido ou saia para axudarlle a colgar suavemente e previr a irritación da pel de teas grosas como a la. As enaguas tamén se levan postas para a calor e para protexer teas finas da transpiración. Unha full slip colga dos ombreiros, polo xeral por medio de tirantes estreitos e esténdese do peito á lonxitude de saia de moda. Unha half slip colga da cintura. As enaguas son polo xeral feitas de tea lisa e esvaradiza como seda, satén, poliéster, ou nilón e poden ser decoradas con cordón nos bordos. Estas son tipicamente levadas sobre outras roupas interiores íntimas. As enaguas tamén son levadas postas por modestia baixo roupa externas translúcidas. As half slips pode ser levadas postas cunha camisola que fai xogo como unha alternativa a unha full slip.

As enaguas son polo xeral feitas do tricot que é a tea tecida de nilón.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]