Sacos, Cotobade
| Santa María de Sacos | |
|---|---|
| Igrexa parroquial. | |
| Concello | Cotobade |
| Área | 12,5 km² |
| Poboación | 283 hab. (2006) |
| Densidade | 22,64 hab./km² |
| Entidades de poboación | 5 |
Santa María de Sacos é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Cotobade. Segundo o padrón municipal de 2006 tiña 283 habitantes (129 homes e 154 mulleres), distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón un aumento respecto ó 2005, cando tiña 281 habitantes.
Índice |
Patrimonio [editar]
A súa igrexa parroquial é un templo dunha soa nave cunha ábsida rectangular, que conserva elementos do románico tardío ou protogótico. Os perpiaños moi irregulares distribúense en fiadas dando como resultado, pola contra, uns paramentos ben rematados. Segundo Bango Torviso o estilo do aleiro da ábsida, principalmente, indica un estilo de orixe ourensán, da zona de Oseira ou Terra do Carballiño, de finais do último terzo do século XII.
Hai dúas capelas no Cádavo e en Dorna, e no leste da parroquia consérvanse os restos da capela de San Lourenzo, restaurados en 2010. Amais, hai dous petróglifos, unha mámoa e dous cruceiros.
Galería de imaxes [editar]
- Artigo principal: Galería de imaxes de Sacos, Cotobade.
Lugares e parroquias [editar]
Lugares de Santa María de Sacos [editar]
| Lugares da parroquia de Sacos no concello pontevedrés de Cotobade | |
|---|---|
|
O Cádavo | Dorna | As Eiras | Vila de Abaixo | Vila de Arriba |
Parroquias de Cotobade [editar]
| Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Cotobade | |
|---|---|
|
Aguasantas (Santa María) | Almofrei (San Lourenzo) | Borela (San Martiño) | Carballedo (San Miguel) | Caroi (Santiago) | Corredoira (San Gregorio) | Loureiro (Santiago) | Rebordelo (San Martiño) | Sacos (Santa María) | San Xurxo de Sacos (San Xurxo) | Tenorio (San Pedro) | Valongo (Santo André) | Viascón (Santiago) |