STS-77

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
STS-77
Lanzamento da misión STS-77.
TipoTripulado
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento19 de maio de 1996, 10:30 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorTransbordador espacial[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39B[3][6]
Duración da misión10,03 días[6]
Obxectivo da misiónLiberación do experimento IAE xunto coa plataforma SPARTAN-207.[3][6]
Regreso29 de maio de 1996[6]
Sitio de regresoCentro Espacial Kennedy
NSSDC ID1996-032A

STS-77 foi unha misión do transbordador espacial Endeavour lanzada o 19 de maio de 1996 desde a rampla 39B do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]

Características[editar | editar a fonte]

STS-77, con seis astronautas a bordo, foi lanzada para soltar a plataforma SPARTAN-207 co experimento IAE nela, consistente nunha antena inchable. A tripulación, composta polo comandante John H. Casper, o piloto Curtis L. Brown e os especialistas de misión Daniel W. Bursch, Mario Runco, Marc Garneau e Andrew S. W. Thomas, tamén fixo varios experimentos.[3][5][6][7]

O transbordador levaba a bordo tamén o módulo Spacehab-4 con 1361 kg de equipamento e experimentos sobre biotecnoloxía, electrónica, polímeros e agricultura.[3][5][6][7]

O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 29 de maio de 1996.[3][5][6][7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 77" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 "Note verbale dated 21 March 1997 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (97-22218T). 8 de abril de 1997: 13. Consultado o 4 de febreiro de 2018. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 77" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2018. 
  4. Claude Lafleur (2010). "STS-77" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2018. Consultado o 4 de febreiro de 2018. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2018. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 6,7 Mark Wade (2011). "STS-77" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2018. 
  7. 7,0 7,1 7,2 NASA (23 de novembro de 2007). "STS-77" (en inglés). Consultado o 16 de decembro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]