STS-49

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
STS-49
Lanzamento da misión STS-49.
TipoTripulado
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento7 de maio de 1992, 23:40 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorTransbordador espacial[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39B[3][6]
Duración da misión8,89 días[6]
Obxectivo da misiónPrimeiro voo do Endeavour, recuperación e reparación do satélite Intelsat VI.[3][6]
Regreso16 de maio de 1992[6]
Sitio de regresoCentro Espacial Kennedy
NSSDC ID1992-026A

STS-49 foi a primeira misión do transbordador espacial Endeavour, lanzada o 7 de maio de 1992 desde a rampla 39B do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]

Características[editar | editar a fonte]

STS-49, con sete astronautas a bordo (Daniel Brandenstein, Kevin Chilton, Richard Hieb, Bruce Melnick, Pierre Thuot, Kathryn Thornton e Thomas Akers), foi lanzada para recuperar e reparar o o satélite Intelsat VI. Despois dun lanzamento sobre un foguete Commercial Titan III, Intelsat VI quedou nunha órbita baixa polo fallo da última etapa. A tripulación da STS-49 recuperou o satélite tras tres sucesivos paseos espaciais, o último dos cales foi o primeiro no que participaron tres astronautas á vez. Tras capturalo adosáronlle un novo motor para envialo á súa órbita final xeosincrónica. Fíxose un cuarto paseo espacial para probar técnicas de construción no espazo de cara á montaxe dunha futura estación espacial mediante o experimento Assembly of Station by EVA Methods (ASEM). Como experimentos secundarios o Endeavour levaba a bordo os experimentos CPCG, UVPI e AMOS.[3][5][6][7]

O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 16 de maio de 1992, tras extenderse a súa misión dous días. Foi a primeira vez que un transbordador usou un paracaídas na súa aterraxe para reducir a súa velocidade.[3][5][6][7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 49" (en inglés). Consultado o 30 de xaneiro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 "Note verbale dated 16 September 2002 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (02-58657(E)). 9 de outubro de 2002: 4. Consultado o 30 de xaneiro de 2018. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 49" (en inglés). Consultado o 30 de xaneiro de 2018. 
  4. Claude Lafleur (2010). "STS-49" (en inglés). Consultado o 30 de xaneiro de 2018. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 30 de xaneiro de 2018. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 Mark Wade (2011). "STS-49" (en inglés). Consultado o 30 de xaneiro de 2018. 
  7. 7,0 7,1 NASA (31 de marzo de 2010). "STS-49" (en inglés). Consultado o 29 de novembro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]